Unha veciña de Ferrol Vello gañou o I Concurso de Balcóns

Unha veciña de Ferrol Vello gañou o I Concurso de Balcóns

05 de Xuño, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O alcalde de Ferrol, Vicente Irisarri, entregou este mediodía os premios aos tres primeiros clasificados no I Concurso de Decoración Floral de Balcóns. Un concurso promovido polo Concello de Ferrol a través da Concellería de Medio Ambiente nos barrios de A Magdalena, Ferrol Vello, Esteiro, Canido e A Graña. O primeiro premio foi para o balcón situado na vivenda da rúa Espíritu Santo, número 8, 1º, en Ferrol Vello, propiedade de Maric

O segundo premio foi para o balcón de Vicente Carracedo Doce, ubicado na rúa Magdalena, número 62, 1º.
O terceiro compartíronno, Elena García Pedreira,  polo balcón da vivenda situada na rúa Real, número 150, 1º, e María del Carmen Isasi Varela, polo balcón ubicado na rúa María, número 66, 1º. Segundo e terceiros clasificados recibiron un lote de prantas ornamentais, así como un libro de A Magdalena. Esta foi a elección do xurado presidido polo edil Rafael Fernández Beceiro e integrado por Fernando Ocampo (presidente da Federación das Asociacións de Veciños Roi Xordo), Carmen Vidal (técnica de Medio Ambiente do Concello) e Santiago Sánchez de Toca (Enxeñeiro agrícola). O alcalde asegurou que o certame terá continuidade nos próximos anos.

Sociedade