Unha victoria para Sabela

Unha victoria para Sabela
03 de Marzo, 2020 - 12:08 h. | Publicada por Radio Fene

Os equipos de futbol 7 feminino de Fene non podían facelo mellor na primeira volta da Liga que acabou o domingo. Perlío afiánzanse terceiras na táboa, tras vencer a As Pontes por 2-1.

ESCOITA O PODCAST:

O Perlío fixo os deberes e alzouse co trunfo nos Pinares onde gañou 2-1 a As Pontes e se afianza na terceira praza con 21 puntos, a catro do Maniños e do Caranza. O técnico , Juanjo Lorenzo, non pode estar máis contento porque é a sexta victoria consecutiva dun equipo que soubo remontar o domingo, despois dunha primeira parte moi competida e igualada que chegou ao descanso coa vantaxe de 0-1 para as visitantes.

Un golpe moral para as xogadoras do Perlío ás que nos minutos de descanso houbo que convencer de que podían darlle a volta ao marcador. E así foi. Judith marca o gol do empate pronto e Ana, co seu, dalle a victoria ao equipo pouco antes do final. A partir daí tocou amarrar.

Algo bonito do partido foi a homenaxe que as xogadoras do Perlío rendiron a Sabela, lesionada e emocionada. Desplegaron unha pancarta desexándolle ánimo á que quixo sumarse o equipo rival. Un xesto que agradeceu o técnico, Juanjo Lorenzo.

No próximo encontro o Perlío feminino quere adicarlle a victoria, se pode ser, ás mulleres porque o partido xógase o 8 de marzo. Con ese encontro arranca a segunda volta da liga. O Perlío recibe ao Eume deportivo nos Pinares, ás 11.00 horas.

Deportes

Publica o teu comentario agora