Unha xeración perdida

Unha xeración perdida
03 de Marzo, 2023 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

“Si se deixase traballar a esta xeración de mestres e mestras, se houbese un Arximiro Rico Trabada e unha María Vázquez Suárez en cada concello de Galicia, a faciana do país tería mudado notablemente”, afirma Narciso de Gabriel ao que escoitaremos este venres no clube de lectura de Radio Fene-Radiofusión.

ESCOITA O PODCAST:

“Galicia sería outra cousa no caso de que eses mestres e mestras puidesen actuar durante máis tempo. En Galicia estaban empezando a cambiar moitas cousas, especialmente o aprecio polo propio país. Neles estaba moi presente o galeguismo e o aprecio pola propia terra, moito máis do que pensamos”, asegura o autor do libro Os mestres mortos daquel verán, unha homenaxe a “unha xeración desgraciadamente perdida” sobre a que profundamos a través das ondas co propio Narciso de Gabriel.

Fotografía Xan Xe.

 

Cultura

Publica o teu comentario agora