Unha zarzuela para lembrar a mítica figura de Xan Carallás

Unha zarzuela para lembrar a mítica figura de Xan Carallás

26 de Xuño, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

O programador cultural do Concello, Suso Ben, presenta na fin de semana unha cantata na que se recolle a lenda do mítico fundador de Redondela. Os rapaces do grupo xuvenil de teatro "Disonada" serán os encargados de escenificar a obra.

Dúas oportunidades terán os veciños de Redondela esta fin de semana para asistir á presentación da obra “Xan Carallás”, unha cantata galega escrita e composta por Suso Ben. Unha zarzuela na que se narra a lenda do popular fundador da vila e que será interpretada polos rapaces do grupo xuvenil “Disonada”.

O programador cultural do Concello tardou preto de catro anos en finalizar esta cantata dedicada á Xan Carallás e que chega precedida dun traballo semellante publicado onde texto e música estaban dedicados á leda da Coca.O obxectivo do autor é completar unha triloxía sobre lendas da vila. De feito está xa a recompilar datos para abordar o seu terceiro argumento que xirará en torno a un personaxe menos coñecido na vila . a vida do astrólogo Margolfo.

 

A obra representarase o sábado ás 20:00 horas e o domingo ás sete da tarde. O elenco de actores está formado por catorce personaxes que se subirán ao escenario aos que hai que engadir a participación da Coral Alvedosa, encargada de interpretar a parte musical e a presencia da escola de danza de Deborah Alfaya.O multiusos de Arcade acollerá tamén mañá sábado ás 20:30 horas a representación de dúas obras a cargo da escola municipal de teatro. O primeiro en actuar será o grupo infantil quen porá en escena a obra “a boa pipa”. A continuación chegarán os “Contadores de historias” a cargo do grupo xuvenil.

Cultura