Unhas campioas

Unhas campioas
14 de Xuño, 2023 - 12:09 h. | Publicada por Radio Fene

“Fixemos historia”, celebra a presidenta do Cultural Maniños, Puri Hermida, o éxito do equipo de fútbol feminino que culminou a temporada asegurando o ascenso a Segunda. A presidenta do club, a delegada, Angela Seoane; o adestrador, Juanjo Iñiguez, Cebolo; e as xogadoras Lucía, Lorena e Sheila, en representación de todo o equipo, despediron esta feliz temporada en Radio Fene

ESCOITA O PODCAST:

“Son unha campioas”, asegura o adestrador. “Moi orgullosos do equipo feminino”, declara a presidenta. “Un éxito, o primeiro ano en fútbol 11, en agosto non sabíamos se íamos ter equipo”, explica. “Non contábamos con chegar ata aquí, eu a primeira, e ao final mira onde estamos, por suposto pagou a pena o esforzo”, manifesta a capi, Lucía, para quen o mellor da temporada foi “o vestiario, Juanjo fai un traballo enorme, a nivel psicolóxico e de grupo, creo que é a base”. “O peor a falta de xogadoras que nos puido limitar nalgúns partidos, pero ao final somos un equipo e tiramos todas”, indica Lorena. Toca gozar o momento. Sobre o futuro, apostan por pelexar o ano que vén. “Se hai compromiso, pódese competir”, sostén Sheila. O adestrador está disposto “non vexo lóxico deixalas mangadas agora”. Desde a directiva, a presidenta indica “nós queremos ascender, imos falalo, ver a situación, non se sabe que grupo nos toca, mirarase e intentarase facer un esforzo, porque queremos gozar esta Segunda División”.

Deportes

Publica o teu comentario agora