A unión de música e erotismo chega ás librarías da man de “Organoloxía”

A unión de música e erotismo chega ás librarías da man de “Organoloxía”

30 de Xuño, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

Meses despois de recibir o Premio Narrativas Quentes de literatura erótica, chega ás librarías a obra Organoloxía, de Eva Moreda. A autora narra nesta novela editada por Positivas as confesións máis íntimas dun grupo de profesoras que quedan encerradas por erro no conservatorio onde dan clase. Durante toda a noite, Caro, Alicia, Xandra, Vic, Enma e Carmela intercambiarán as súas experiencia eróticas, que sempre están relac

O xurado do Premio Narrativas Quentes destacou “a mestría narrativa da novela, a atractiva relación da música co erotismo, así como as emocionantes e poéticas historias das súas protagonistas”. Ao longo da narración, créase un ambiente de sinceridade e de confesión íntima entre varias mulleres que, ademais de compartir un centro de traballo, teñen outras moitas cousas en común. Eva Moreda explicou en Radiofusiòn que, malia que non pretendía escribir ningún “panfleto”, pódense apreciar ideas feministas na obra. Así, Organoloxía rompe con algúns estereotipos que pensan sobre as mulleres, como ese que di que non saben traballar xuntas sen levarse mal.

Cultura