A unión fai a forza

27 establecementos de Fene póñen rebaixas no Outlet de inverno.
15 de Marzo, 2019 - 11:39 h. | Publicada por Radio Fene

Con jaimas na porta distinguiranse as tendas que participan no Outlet organizado pola Asociación de comerciantes e hostelería O Cruceiro e polo Concello de Fene.

ESCOITA O PODCAST:

27 establecementos comerciais de Fene ultíman os preparativos dun novo Outlet que manterá abertas as tendas mañá durante todo o día con ofertas e descontos de ata o 50%. As principais avenidas de Fene engalánanse para as compras e a Praza Verde en Perlío acollerá unhas carpas para que algunhas das tendas ofrezan alí os seus productos. Un deses comercios é Mayka, unha tenda ubicada na Avenida Marqués de Figueroa. O seu propietario, Ramón Domínguez ( na foto) falounos da importancia da unión dos comerciantes e do valor da asocición O Cruceiro para levar a cabo iniciativas como esta.

O edil responsable de Promoción Económica de Fene, César Castro, amosouse moi satisfeito coa resposta dos comerciantes, subraiando o número de establecementos participantes, un total de 27, o que é un bo síntoma. "As rebaixas, afirmou Castro, son o motivo desta cita de final do inverno". Na primavera chegará un novo Concurso de Tapas e a Xuntanza de Palilleiras. Esta será no último domingo de abril. As tapas aínda non teñen data. Está por decidir, atendendo á convocatoria as eleccións xerais e locais.

Sociedade

Publica o teu comentario agora