A Universidade de Santiago programa conferencias, cine e música para lembrar o bicentenario do nacemento de Darwin

A Universidade de Santiago programa conferencias, cine e música para lembrar o bicentenario do nacemento de Darwin

12 de Febreiro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Conmemórase neste 2009 o chamado Ano Darwin, xa que se cumpren 200 anos do seu nacemento e 150 da publicación da súa obra cumio A orixe das especies. A Universidade de Santiago de Compostela súmase á celebración coa posta en marcha

A evolución de todos os organismos a partir dun antepasado común e a selección natural como engrenaxe da evolución son dúas das ideas coas que Charles Robert Darwin propiciou unha revolución. Os efectos desa revolución teñen transcendido a todos os ámbitos de coñecemento e ao paso do tempo para aínda hoxe seguir alimentando debates. Segundo a opinión do decano da Facultade de Bioloxía, Jaime Gómez Márquez, este bicentenario debería servir para que calasen na sociedade algunhas ideas importantes do naturalista inglés. A ese respecto, quixo deixar claro nos micrófonos de Radiofusión que a especie humana non é o cumio da evolución. “Non somos superiores a unha bacteria”, asegurou.

O profesor de Historia Medieval da Universidade de Boston, Thomas Glick, iniciará o 3 de marzo o programa de conferencias disertando sobre O pensamento evolutivo en Novoa Santos. Este será o punto de partida dun ciclo de intervencións que traerá a Compostela a expertos como Juan Luis Arsuaga, Ginés Morata ou José Luis Sanz. Os expertos terán tamén oportunidade para debater nas diversas mesas redondas que se porán en marcha nos vindeiros meses.

A conmemoración do Ano Darwin na Universidade de Santiago non esquece o mundo da arte e reservase oco para os ciclos de cinema e música. Finalmente, a figura do científico e a influencia do seu pensamento en Galicia ocupará o seu propio espazo expositivo nunha mostra programada para finais de ano, así como en dous novos volumes que se van editar especificamente.

Sociedade