Uns 200 canarios cantan en Ferrol

Uns 200 canarios cantan en Ferrol

09 de Xaneiro, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A Unión Ferrolá de Ornitoloxía organiza o VII Concurso Monográfico de Canarios de Canto Timbrado Español. Criadores de toda Galicia, ademais de Castela-León e cun incremento de participantes de Asturias, competirán durante este sábado e domingo no recinto feiral de Punta Arnela de Ferrol.

O xuíz onubense, José Manuel Gómez, cualificará o canto dos máis de 200 canarios concursantes. A competición consta dunha proba por equipos  -con catro canarios- e unha proba individual nas que son avaliados os floreos, timbres e demais variacións durante 15 minutos. A entrada ao concurso é libre e gratuíta, desenvolvéndose sábado e domingo de 9 a 14 horas durante a mañá e de 17 a 21 horas en xornada de tarde.

Sociedade