Urco Editora aposta forte polo cómic e edita “Purgatorio”

Urco Editora aposta forte polo cómic e edita “Purgatorio”

03 de Abril, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

Despois de Gallaecia, Urco Editora volve á carga cunha nova serie de banda deseñada, Purgatorio. Trátase dunha obra de terror, ópera prima no eido do cómic de Marcial Martínez Bascoy. Nuns días estará na rúa, contará con 24 páxinas, combinando o branco e negro e as cores planas, cun estilo de debuxo directo e moi persoal.

Nas vindeiras datas Urco Editora iniciará unha xira de presentación pública do proxecto, mentres preparan o segundo número da serie Gallaecia. Un cómic histórico-fantástico ambientado na Galicia romana, obra de Miguel Ángel Vigo Baleirón e Iván Rodríguez Arós "Esfenodon".

Sociedade