As urnas ábrense o domingo para os socialistas

As urnas ábrense o domingo para os socialistas

08 de Xullo, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Os militantes do PSOE de Fene, máis de 100, participarán o domingo nas eleccións primarias do seu partido para elexir o Secretario Xeral. Poderán votar na urna que permanecerá aberta entre as 10 da mañá e as 8 da tarde na sede local dos socialistas, na Avda Naturais de Fene. O portavoz municipal do PSOE no concello de Fene, Iván Puentes, desvelou a súa inclinación polo candidato Pedro Sánchez. Para o ex alcalde socialista, o pr

Iván Puentes seguíu a través da radio o debate público celebrado onte entre os tres candidatos á secretaría xeral, Pedro Sánchez, Madina e Pérez Tapias. E non ocultou a súa preferencia por Pedro Sánchez, de quen dí marca diferencias á hora de definirse en custións relevantes que enunciaba Puentes esta mañá no espacio As Foxas de Radio Fene e que teñen que ver coa corrupción, coa reforma da Constitución ou co Federalismo. O domingo 13 en todo o Estado votarán os militantes en urna, tamén os de Fene no seu local. Os datos definitivos coñeceránse o luns.

No espacio As Foxas, Puentes referíuse tamén á aprobación dos orzamentos municipais de Fene en Xunta de Goberno ou á elección directa dos alcaldes. Na entrevista que reproducimos, fala tamén da alimentación infantil e da nova normativa do PP que complica a xestión das comisións de festas o que, segundo as súas palabras,pode acabar os festexos populares na localidade e en todo o país.

Sociedade