Usuarias do Centro Social de Fene protestan pola suba das cotas nas actividades do centro

Usuarias do Centro Social de Fene protestan pola suba das cotas nas actividades do centro

04 de Outubro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A subida das cotas e a supresión dalgunha das actividades que se realizaban no Centro Social de Fene, desatou as iras entre as usuarias- os do centro fenés. Algunhas das cotas suben o 100%, segundo denuncian. As actividades que custaban 9€ pasan a valer 15. O Taller de memoria que custaba 6€ sube este curso a 12. O descontento non se fixo esperar e esta mañán protestaba unha representación das usuarias- os en Radio Fene.

As usuarias levarán esta protesta ao pleno municipal deste xoves para o que pediron por adiantado o uso da palabra. Pero os descontentos chegan máis aló. A orde de peche da cafetería os sabados e domingos polas mañás non gustou tampouco aos maiores do centro social de Fene, segundo denunciaron esta mañán.

Por outro lado siguen agardando  unha solución ao peche do servicio de comedor pendente dende hai un ano, cando nunha entrevista co Delegado do goberno, o director do centro comprometérase a afinar o presuposto das obras necesarias para adaptar a cociña, presupostadas nun principio en 60.000€. Segundo as usuarias, deste tema non se volveu a saber nada.

Sociedade