UUAA e XXAA mobilizaranse mañá contra Eroski, Lidl, Carrefour e Día

UUAA e XXAA mobilizaranse mañá contra Eroski, Lidl, Carrefour e Día

18 de Xuño, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

As organizacións labregas Unións Agrarias (U.U.A.A.) e Xóvenes Agricultores (X.X.A.A.) mobilizaranse mañá diante dos centros comerciais que as cadeas Eroski, Lidl, Carrefour e Día teñen en Santiago, Lugo e A Coruña, Esta acción ten o obxectivo de “denunciar as prácticas monopolísticas que estas distribuidoras están levando a cabo co único obxectivo de forzar ó peche ós produtores galegos pa

Os sindicatos agrarios esixen que se poñan en marcha, de xeito inmediato, as medidas de control e a inspección das administracións para frear as vendas de leite. Tamén se insistirá na necesidade de poñer coto ás importacións incontroladas e no dereito dos consumidores a coñecer a procedencia e a composición do leite e dos derivados lácteos.

 

 

UUAA e XXAA tamén anunciaron a súa presenza na manifestación de agricultores e gandeiros europeos que terá lugar o vindeiro 22 de xuño en Luxemburgo, coincidindo co Consello de Ministros de Agricultura da UE.

Sociedade