Vázquez Abad non concreta prazos para a derrogación do Decreto do Galego

Vázquez Abad non concreta prazos para a derrogación do Decreto do Galego

20 de Abril, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

O decreto do galego todavía non ten data de caducidade. O conselleiro de Educación, Jesús Vázquez Abad, asegurou que o seu departamento carece dunha planificación para a derrogación do decreto que regula un 50 por cento das materias impartidas en galego nos centros educativos.

O decreto do galego será un dos temas principais e de actualidade nas tarefas do novo goberno do PpdeG. Trala toma de posesión dos novos conselleiros nomeados polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, o titular de Educación, Vázquez Abad explicou que a súa intención respecto a este Decreto será a de aplicar e desglosar o que recolle o programa electoral dos 'populares' e que lles permitiu acadar a maioría absoluta nas eleccións do 1 de Marzo. Recordar, que este recollía a vontade de reestructurar o ensino das linguas para acadar o trilingüismo –castelán, galego e inglés--. A pesar diso, non aclarou aínda a súa postura respecto a esta cuestión nin comentou un calendario para a súa derrogación, anunciada por Feijóo en reiteradas ocasións.

 

Por outro lado, a Coordinadora Galega de Equipos de Normalizción Lingüística, solicitou no Rexistro Xeral en San Caetano, unha entrevista oficial có Presidente Feijóo e os responsables de Educación para construir o futuro da linguaxe no ensino. Esta Coordinadora aglutina os apoios de máis de 360 equipos de normalización lingüística de centros galegos públicos e privados.

Sociedade