Vázquez pulsará apoios para a súa candidatura a liderar aos socialistas galegos

Vázquez pulsará apoios para a súa candidatura a liderar aos socialistas galegos

20 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

O conselleiro en funcións de Medio Ambiente e líder do PSdeG por Ourense, Manuel Vázquez, anunciou públicamente a súa candidatura á secretaría xeral dos socialistas galegos e manterá contactos con militantes de toda Galicia. Intentará pulsar os apoios necesarios para constituir unha executiva integradora, renovada e ilusionante.

Vázquez lembrou que “nos Congresos do PSdeG quen fala e toma decisións son sempre as bases, non existindo ningunha posibilidade que non pase polo apoio maioritario e libre dos asistentes”. Asimesmo, recordou que xa se están a celebrar ata o 29 de marzo as asembleas locais que elixirán cerca de 500 compromisarios, que van representar aos preto de 15.000 militantes que compoñen as 300 agrupacións locais do partido. Neste sentido, destacou que agora “é o momento das bases e da militancia” e do debate, das propostas, das ideas e de correxir os erros. Por outro lado, afirmou que a súa candidatura se presenta “sen tutelas nin presións e en total libertade”, en alusións ás declaracións do socialista José Blanco nas que manifestaba o seu apoio á Manuel Vázquez para sustituir a Emilio Pérez Touriño.

Finalmente, asegurou que o PSdeG non dará nin 100 días, nin 100 horas nin 100 minutos ao futuro goberno dos populares de Alberto Núñez Feijoo, e advertiu que ofrecerá unha oposición centrada na mellora da calidade de vida dos galegos dende o minuto seguinte da toma de posesión.

 

Sociedade