ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
“Vémonos as máscaras no Guión Club esta noite” afirma Jetu, o guitarrista do grupo de Pontedeume Bule. Son fanáticos do cine clásico pero ofrecen música alegre e divertida con aires do punk do 77. Presentan un novo EP chamado “Cando nos volvamos ver” gravado en Marín e con portada deseñada por Ben Thomas.
O novo traballo de Bule inclue catro temas: Bang,bang, Estrelas do celuloide, Sábdo e Inverno. Despois dun primeiro EP aparecen con este segundo, segundo nos indica o guitarrista do grupo Jetu.Nas cancións de Bule atopamos melodias, coros e diversión. No concerto desta noite en Pontedeume venderán o EP e tamén bolsas e camisolas co deseño realizado para a portada deste traballo. O concerto de Bule e Tecor Societario comezará ás once e media desta noite na Sala Guión de Pontedeume. A entrada custa oito euros.
Publica o teu comentario agora