As vítimas de violencia de xénero precisan de máis apoio

As vítimas de violencia de xénero precisan de máis apoio
18 de Maio, 2020 - 01:28 h. | Publicada por Radio Fene

Os profesionais da saúde mental non poden tirar conclusións de momento das consecuencias do confinamento nas persoas. A psiquiatra do SERGAS, Iria Veiga, afirma que se irá vendo a medida que entremos na denominada "nova normalidade". 

ESCOITA O PODCAST:

"Sendo honestos, non coñecemos aínda as consecuencias psicolóxicas do confinamento” afirma a psiquiatra do Sergas, Iria Veiga. E engade, “o confinamento é unha situación tan especial e inédita que non temos referente con qué compáralo”. Preguntámoslle polos profesionais sanitarios e contesta que a sensación que se respira entre eles é de “maltrato” porque son a carne de canón, os menos protexidos, os máis contaxiados. “A isto súmase a situación de precariedade e inestabilidade laboral da que partíamos antes da alarma” aclara. Iría Veiga defende como boa medida un apoio psicolóxico de forma preventiva ao personal sanitario que o precise. Pero recoñece, ata o momento, son os compañeiros a título persoal os que ofrecen a dalo. Ate este momento non están vendo os profesionais da saúde mental as consecuencias que poidera ter este tempo de confinamento na xente e pensa que a partir dagora, na denominada “ nova normalidade” iráse vendo. Veiga ten a impresión, así nola fai chegar, de que non é o confinamento en sí o que fai mal, senón as situación nas que se pasou este confinamento, e pensa na violencia de xénero, na xente que perdeu o traballo... “Esa é a xente que xa era vulnerable antes do confinamento. Eran persoas que tiñan patoloxías sociais previas” afirma a profesional do Sergas.

Os pacientes de saúde mental non abusaron precisamente das urxencias nestes dous meses nos que máis ben estas diminuíron. Seguramente os pacientes tiñan conciencia da situación especial dos hospitais e seguiron a recomendación de non acudir ao médico. Puido pesar tamén o medo ao contaxio. Agora seguramente aumantarán os síntomas destas persoas e será agora cando vexamos aumentar a demanda de concultas. Iria Veiga pasou o confinamento traballando no seu domicilio, do que gosta e coa xente coa que quere estar, así que todo ben.

Sociedade

Publica o teu comentario agora