Vaga de roubos en vehículos estacionados

Vaga de roubos en vehículos estacionados

25 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

Aló menos dez vehículos aparcados na vía pública sofriron roubos con violencia esta madrugada. Os asaltos dos que tivo noticia a policía local producíronse na rúa Prego de Montaos en Vilavella e na estrada N-550, na coñecida como “recta do Muro” así como na rúa San Xoán de Arcal.

Os asaltantes entraron nos vehículos forzando a pechadura ou rompendo a fiestra e nalgún caso incluso dobrando a porta. Leváronse os reproductores de música dos vehículos así como outros obxectos que os seus propietarios deixaran no interior como carteiras, documentación ou unha maleta con material deportivo. Aínda que se descoñece o número exacto de vehículos roubados, na policía local hai constancia de aló menos dez roubos. Uns feitos vandálicos que acontecen logo de que a semana pasada se producira a queima de varios colectores de lixo que arderon a consecuencia de lumes provocados nas parroquias de Chapela e Redondela.

Sociedade