A valentía de Carbón

A valentía de Carbón
24 de Setembro, 2023 - 04:03 h. | Publicada por Radio Fene

Xosé Carbón Anca, de 91 anos, memoria viva da resistencia na ditadura, emprendeu decidido o camiño cara o lugar exacto onde Amador Barcia logrou escapar do grupo de falanxistas que o ían asasinar no cemiterio de Sillobre. Igual que Amador, aproveitou da brétema, para "nacer de novo", Carbón demostrou decisión e convicción na necesidade de restablecer a verdade histórica. Foi unha das anécdotas do cortexo cívico que se desenvolveu nos Xicos (Regoela Cabanas) o 23 de setembor de 2023 para reivindicar a lembranza da xente que participou e colaborou coa guerrilla antifranquista. 

Xantar de confraternidade no polideportivo de Lavandeira

O franquismo terminou hai case cincuenta anos, pero a súa memoria aínda se fai presente hoxe en día no espazo público, afirmou o historiador Javier Rodriguez: "A ditadura franquista creou moitos mitos respecto á súa propia historia e estes non só se impuxeron na sociedade española durante a vixencia do réxime, senón tamén foron asumidos por parte dos españois durante a democracia e, en non poucas ocasións, tratan hoxe de reactualizarse e difundirse, con argumentos banalizadores. Esquecer a historia dun país é negativo, pero terxiversala é aínda peor. En particular, hai que suscitar a atención das xeneracións que naceron cando a ditadura morría e das nacidas en plena democracia, tan expostas á desmemoria e ás fake news. A violencia política practicada polo franquismo é un feito científico e foi investigado durante décadas".
Para o actual decano da Facultade de Filosofía e letras da Universidade de León, "foron corenta anos de dura represión, nos que o terror institucionalizado e a violencia baixo diferentes formas, o control social, a degradación e a humillación dos vencidos; non só engadiron máis sufriiento, senón que abriron, aínda máis, as profundas feridas psicolóxicas herdadas da guerra, ao tempo que impedían a máis mínima posibilidade de curalas. A Guerra Civil foi o feito máis dramático e traumático da historia de España do século XX. A guerra marcará violenta e permanentemente tanto a memoria dos seus  protagonistas directos e indirectos como a dos seus descendentes e a de todas as xeneracións futuras. Tras o fin do conflito o terrible da situación de posguerra foi que mentres os vencedores puideron dedicarse plenamente a superar as súas pérdidas, os derrotados foron estigmatizados de por vida, condenados ao esquecemento e ao silencio. Así sucedeu coas miles de personas que tuviron que fuxir, esconderse ou formar parte das partidas guerrilleiras".
Suliñou o profesor universitario (natural de Fene) que "desde a súa orixe, o réxime franquista fixo un gran esforzo para deenvolver unha política da memoria que incluía a demonización da Segunda República e o silencio ou a terxiversación sobre o fenómeno guerrilleiro (baixo o falso térmo de bandoleiros). Cando se puxeron os fundamentos do réximen democrático actual había corenta anos que na opinión pública se levaban recreando sen descanso os postulados franquistas sobre a orixen da Guerra Civil e as propias características do réxime. Durante a Transición o recordo da guerra e a necesidade de consolidar un réxime
democrático condicionou a posibilidade de desenvolver unha política da memoria que incluíse á guerrilla". Para Javier Rodriguez, agora é o momento de superar esa eiva.

Organizaron o cortexo cívico nos Xicos (Regoela) Son Radiofusión, o Ateneo Fernán Martís, colectivo Terra, Artabria e Mazarelos.

 

Na imaxe: Gabriel Bouza Arnoso (nacido en 1923 en Regoela) Xosé Carbón Anca (colaborador da guerrilla) Constantino Rico (neto de Pedro Rico Rodeiro e Maria Antonia Golpe) e Javier Rodriguez.

 

Se queres que estas actividades poidan continuar realizandose, podes colaborar con Son Radiofusión, aquí:

https://www.teaming.net/radiofusion

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora