Valga recibe esta fin de semana a Nova Galega de Danza, o prato forte do Vai de Camiño

Valga recibe esta fin de semana a Nova Galega de Danza, o prato forte do Vai de Camiño

26 de Marzo, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

O programa Vai de Camiño 2009, organizado pola S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, da Consellaría de Innovación e Industria, achégase esta fin de semana a Pontedeume no Camiño Inglés; a Verín na Vía da Prata; a Sanxenxo e A Pobra do Caramiñal na Ruta do Río Ulla e Mar de Arousa; e a Valga no Camiño Portugués. Nesta última

Na Casa da Cultura de Pontedeume estarán Quique Aldrey e Hugo Torreiro este venres ás nove da noite. E tres cuartos de hora antes, ás oito e cuarto, Emilio Rúa e Roger de Flor farán o propio na Casa da Cultura de Verín. Xa o sábado, o Auditorio Emilia Pardo Bazán de Sanxenxo acollerá tamén a actuación dos cantautores Quique Aldrey e Hugo Torreiro, a partir das nove. E ás oito e media o Auditorio do Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal recibirá ao citado Roger de Flor e a Xosé Constenla.

Sociedade