Ven a Fene, ao 5º Concurso de Tapas

Ven a Fene, ao 5º Concurso de Tapas

03 de Maio, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Son máis que nunca. Dezaseis establecementos participan no 5º Concurso de Tapas organizado polo Concello de Fene. A iniciativa comezará mañá venres dia 4 e prolongaráse ata o 27 de maio. O público encargaráse de elexir a tapa popular, mentras que un xurado de expertos seleccionará a máis tradicional ( que servirán catro establecementos) e a creativa (á que se apuntaron  12) Os clientes que completen toda a ruta optar

Ademais co voto en urna se participa no sorteo de vales de compra no comercio fenés. O alcalde de Fene destacou esta mañán en roda de prensa que continuar coi concurso nos tempo que corren é máis importante se cabe porque supón un empuxe á hostelería.Este ano superouse en cinco o nº de participantes en anteriores edicións. Sumáronse tres novos locais de recente apertura como Vichelocrego en Barallobre; Fussion en Perlío ou o 4º Camiño en Fene e por primeira vez participan tamén Teima de Fene ou La Parada de Maniños.O concello encárgase por primeira vez de organizar directamente o Concurso de Tapas “Ven a Fene”coa colaboración das empresas que donan os premios.

No folleto editado aparece a Fene Ruta para non perdernos, con todolos establecementos e a tapa correspondente a cada un deles. Os horarios serán venres de 8 a 10 da noite. Sabados de de 13 a 15 e de 8 a 10. Domingos e festivo : de 13 a 15,30 h.
O concelleiro de  Promoción económica, Juan José Franco, anunciou que os locias participantes pegarán o logotipo do concurso nas portas dos locais e se engalanará Fene con banderolas indicativas. Os premios manteranse en segredo ata o dia da entrega, o 1 de xuño.

Sociedade