Ven a Fene en abril

Durante todo o mes Fene acolle ata seis actividades en seis parroquias diferentes
04 de Abril, 2019 - 10:53 h. | Publicada por Radio Fene

A Recreación das Lavandeiras celebrarase o sabado 4 de maio en Sillobre, con algunhas novidades nesta sexta edición. O sabado dia 6 ás 11:00 preséntase en Agarimo. O domingo inaugúrase no Pote de Maniños unha exposición fotográfica da I Ruta Indiana celebrada no 2018.

ESCOITA O PODCAST:
Ruta Indianos Fene2018

Fene ten por diante unha fin de semana de presentacións dalgún dos eventos máis populares do ano. O sabado presentase en Sillobre a VI edición da Recreación das Lavandeiras cunha conferencia de María Vega Cerqueiro, autora do libro “Lavandeiras” e a proxección dunha película do mesmo titulo. Ademais de inaugurarse unha exposición na sociedade Agrarimo. Alí discurrirá todo o sabado dende as 11 da mañá. O concelleiro responsable de Turismo, Juan José Franco, adiantounos que este ano a Recreación de Lavandeiras celebrarase dentro dun mes, o sabado 4 de maio adiantando novidades para esta edición. Entre elas a creación dun personaxe que fará de mestre de cerimonias.

O domingo inaugúrase no Pote a exposición de fotografía que recolle a I edición da Ruta Indiana. O acto será o domingo ás 11,30h. Neste caso, será o novo goberno municipal que saia das urnas o que decida se continuar con esta iniciativa. Ao parecer a xente quere unha nova ruta de Indianos, segundo declarou o edil de Turismo (na imaxe).

O programa !Ven a Fene¡ completase no mes de abril con actos os dias 13, 14 e 27.

O sabado 13, o CCRD Perlío acollerá un Concerto protagonizado na súa maioría por mulleres. Actuarán dende as 20:00h " Polymorfics Band" e "Arrivederci"

O domingo 14, será a AVV de Limodre o marco da Gastrofesta coa que se presentará a XXV Festa da Orella, a partir das 13:30h coa degustación de orella de porco e a actuación de "Blues do País".

O sabado 27, celébrase en Magalofes a Andaina "Ruta das Fontes" que sairá ás 11:00h do local veciñal, onde ao remate de servirán uns petiscos.

O mesmo sabado 27 o pavillón A Xunqueira de San Valentín acolle a "Xuntanza de Palilleiras e outros labores tradicionais" dende as 10:30h a 14:00h e dende as 16:00h ás 19:00h.

Organiza o Conclelo de Fene e as entidades participantes.

Institucional

Publica o teu comentario agora