Verónica Blanco: “Antes da industria existía Arteixo”

Verónica Blanco: “Antes da industria existía Arteixo”

03 de Novembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

O auditorio do centro cívico e cultural de Arteixo acolle os sábados deste mes as segundas xornadas sobre patrimonio cultural local que organiza a Asociación Monte da Estrela. Unha proposta para concienciar da importancia da conservación do patrimonio cultural. As charlas arrincarán este sábado ás 16.00 horas con dúas ponencias que, xirarán arredor do patrimonio arqueolóxico, impartidas polo profesor da Universidad de Santiago, Jos&eacute

As conferencias versarán sobre as estratexias de conservación, prevención e posta en valor dos xacimentos castrenses e as vías romanas. O sábado 13 de novembro, falarase sobre o patrimonio etnográfico onde se afondará na dinamización dos oficios artesáns tradicionais do Eume. A terceira xornada adicarase ao patrimonio inmaterial que se centrará na importancia da lingua galega. O patrimonio natural será o eixe da última xornada do 27 de novembro. Tratarase sobre o presente e futuro da conservación da natureza en Galicia.

A Asociación Monte da Estrela xurdiu ante a inxente industrialización que está a sufrir Arteixo nos últimos anos. Segundo unha das organizadoras das xornadas, Verónica Blanco, o patrimonio de Arteixo é para moitos descoñecidos. “Arteixo son 13 parroquias e, quitando os puntos industrializos, o resto é fundamentalmente rural. Estamos para difundir esta realidade”, declarou.

Cultura