Verbena por partida dobre

Tanto Fene coma Maniños están de festa hoxe 7 de agosto.
07 de Agosto, 2019 - 09:49 h. | Publicada por Radio Fene

O día de hoxe ven cargado de festexos. No noso concello dúas parroquias traen a festa esta noite: Fene e Maniños.

Comezando por Maniños, que deu xa onte o pistoletazo de saída ás súas festas. Ás 12h terá lugar a misa solemne seguida da procesión e ás 14h, na sesión vermú, soará a música do Grupo Pasión. Para a noite, a partir das 22h subirá ó escenario o grupo Assia.

E en Fene, hoxe celébrase a festa na honra de San Roque. A banda de gaitas Berros do Castro percorrerá a parroquia e, ás 12:30 celebrarase a misa solemne con posterior procesión. Na sesión vermú tocará Costa Dorada, que se xuntarán á orquestra Alma Latina na verbena da noite.

Cultura

Publica o teu comentario agora