Verdegaia ensina a cociñar responsable-mente

Verdegaia ensina a cociñar responsable-mente

14 de Maio, 2009 - 12:00 h. | Publicada por

O colectivo ecoloxista Verdegaia puxo en marcha neste mes de maio unha serie de obradoiros cos que pretende ensinar aos asistentes a cociñar alimentos sans que contribúan ademais a un consumo responsable. A súa responsable, Sabela Abalo, explicou en Radiofusión que para realizar este tipo de cociña hai que evitar as superficies comerciais propiedade das multinacionais e apostar polo

Os consellos non rematan aquí. Tamén debemos diminuír o emprego de comidas precociñadas e de orixe animal en favor de verduras frescas, legumes e cereais integrais que é o que descendeu na nosa cociña, provocando un empeoramento da nosa saúde e da do planeta.

Na medida do posible, sería importante apostar pola agricultura ecolóxica, reducir o azucre e o sal; así como as graxas industriais, aditivos e outros engadidos. Sabela Abalo afirma que é necesario “recuperar o sabor tradicional da comida”:

O Local da Troita Armada, en Compostela, é o espazo que acolle estes obradoiros. O pasado 7 de maio tivo lugar o primeiro no que Sabela comentou diversas formas de cociñar, con que tipo de alimentos, e fixo unha pequena demostración con degustacións. Nos seguintes talleres continuará con este tipo de ensinanzas e os asistentes aprenderán a realizar tres pratos, doces e merendas sen engadidos e a cociñar con algas.

 

Sociedade