Vermute patriótico

A Fundaçon Artabria leva catro anos celebrando o Dia da Patria en Ferrol
18 de Xullo, 2019 - 11:54 h. | Publicada por Radio Fene

O próximo sábado 20  decorrerá en Ferrol, por cuarto ano consecutivo, unha xornada reivindicativa con motivo do Dia da Pátria.

Ferrol terá a súa celebración do Dia da Pátria Galega mercede á movilización unitaria que convoca a Fundación Artabria. Será o cuarto ano consecutivo e será este sabado dia 20 de xullo. A mobilización convocada pola Fundación Artábria, xunto ao BNG, CIG, Cerna, Causa Galiza, Galiza Nova, BRIGA, Erguer, Via Galega e Semente Trasancos, iniciarase ás 12.00hs na Praza do Himno Galego.

No mesmo sábado 20 a partir das 13.30hs decorrerá na sede da Fundación Artábria, na travessa de Batalhóns, unha sessom vermute coa música de Sanjurjo e Dopico. Completarase cunha grelhada popular. À noite, às 22.30hs, e de balde, a banda da Marinha Mileth poñerá a música a esta xornada lúdico reivindicativa co seu metal-folque.

Artabria permanecerá fechada o 25 de xullo, deixandonos unha suxerencia para ese dia, pendurar nas varandas, xanelas, fachadas de casas e vivendas, a bandeira da Galiza.

Cultura

Publica o teu comentario agora