Versos e artes plásticas entre os escolares feneses

Versos e artes plásticas entre os escolares feneses

28 de Marzo, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O concello de Fene puxo en marcha o I Certame de creación artística “En Galego? É o noso”.  Os versos dos escritores Antón Cortizas, Paula Carballeira, Matilde Castro, Pablo Bouza, Medos Romero, Eva Veiga e Xosemaría Pérez Paralle servirán de fonte de inspiración neste certame que pon en marcha a concellería de Cultura do Concello de Fene, en colaboración coas Equipas de Normalización Lingüística.

O concurso diríxese a todo o alumnado matriculado nos centros de ensino público ou  concertado de Fene, que deberán presentar unha composición plástica orixinal nas modalidades de debuxo, pintura, colaxe e fotografía ou nalgún soporte relacionado coas TIC (vídeo, 3GP, flv, avi, mp4, mov ou calquera outro de uso habitual). Outra novidade do certame, no terreo artístico, segundo Rocío Bértoa.

Os rapaces/as deberán inspirarse nunha das propostas poéticas de autores/as de Fene  e comarca para crear a sua obra, e indicar o texto seleccionado que os inspirou. A participación nos niveis de educación infantil e ata 3º de educación primaria será colectiva,  por curso, aula ou grupos. Os centros seleccionarán as obras finalistas que entrergarán no departamento de Cultura municipal antes do 9 de maio. O día 30 dese mes veremos o resultado nunha exposición na Casa da Cultura.

Sociedade