A vertente artística da reciclaxe

A vertente artística da reciclaxe

16 de Abril, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Allariz

Reciclar os residuos das estruturas eólicas para convertelos en arte para obter figuras e pezas de distintas formas constitúe o contido da mostra de escultura Kinética “Reciclado de pintura e escultura”. A creadora destas fermosas e peculiares obras é a socia de Kinetika Innovacións Estruturais, a ourensá Marina Castro. A exposición pódese visitar nas instalacións da empresa no parque tecnolóxico Tecnópole no concello o

Esta é primeira mostra da artista que comenzou a experimentar con restos de chapas procedentes da cadena de produción, xogando coas súas formas. “Visitando á fabrica vin que os refugallos tiñan unas formas moi belas e decidín traballar con elas”, explicou en Radiofusión Marina Castro. Emprega só ferros e chapas moldeable e doadas de adaptar. Primeiro procede ao seu baleirado e logo moldeáas ao seu gusto ou o que lle di o seu maxín. Aplícalles pinturas e barnices acadando unas creación fermosas e coloristas.

62 obras en total compoñen esta mostra a partir de residuos coa que Castro quere concienciar na defensa do medio ambiente. O destino normal destes refugallos sería a recollida dun camión de chatarra que implicaría un maior consumo de enerxía. Ademais poucos destes residuos pódense reciclar para ter unha nova utilidade industrial. 

A mostra ten ademais unha vertente solidaria  xa que se destinará o 15%  das vendas aos damnificados do sismo de Haití a través da Cruz Vermella.

Cultura