Veto non. O naval galego volve á rúa.

Veto non. O naval galego volve á rúa.

26 de Febreiro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Carga de traballo. Veto, non. Así reza na pintada que realizaron esta mañá na Praza de Armas de Ferrol os traballadores de Navantia. No interior do estaleiro realizaron unha asemblea onde aprobaron un novo calendario de mobilizacións. Logo sairon en manifestación e se dirixiron á Casa do Concello onde lle demandaron ao alcalde  xestións para lograr carga de traballo. Os operarios de Fene celebraron a asamblea diante do economato en San Valent&iacute

Reanúdanse as mobilizacións dos traballadores de Navantia. Esta mañá arrincaron coa acción na Praza de Armas onde quedou escrito o lema “Carga de traballo. Veto Non”. Baixo esas mesmas premisas os operarios de Navantia Fene reuníronse esta mañá en asemblea diante do economato no barrio de San Valentín. Acordaron unirse mañá en Ferrol á mobilización convocada por Alianza Social Galega.

Xa no mes de marzo, o dia 12, a mobilización do naval tomará as ruas de Fene. Os operarios do estaleiro fenés camiñarán pola ponte das Pías ao encontro dos compañeiros de Ferrol que farán o propio en dirección a Fene onde, entre as 17.30h e as 18.00h se concentrarán na Praza do concello fenés. Xa preparan octavillas que repartirán entre a poboación para que se mobilice con eles ese día, reclamando traballo na factoría de Perlío e o levantamento do veto. O calendario continuará o dia 27 de marzo cunha acción aínda sen pechar, tanto en Ferrol como en Fene. Xa o último domingo de marzo ou o primeiro domingo de abril o naval convocará unha gran manifestación comarcal.

Sociedade