Viaxando cos Reis Magos

Ese soño cumpre o escritor Ramón Loureiro na última novela "Al Rey de los Ángeles"
19 de Novembro, 2018 - 12:21 h. | Publicada por Radio Fene

A presentación do libro de Loureiro será o último acto organizado baixo o proxecto " Fene, Mar vivo" que se despedía o sabado no CMI Unidade de Fene, o mesmo escenario para presentar "Al Rey de los Ángeles" o 29 de decembro.

"Al Rey de los Ángeles", a nova novela de Ramón Loureiro chegou ás librarías este mes, cerca do Nadal. A narración dirixe a súa mirada á viaxe dos Reis Magos de Oriente. O narrador fenés confesa que «sempre quixo acompañar na súa viaxe aos Reis Magos" e por fín o fixo. O CMI Unidade de Fene acollerá a presentación do libro o dia 29 de decembro, nunha nova homenaxe ao escritor de Sillobre. Este será o último acto promovido por "Fene, Mar vivo" proxecto que se despedía o sabado pasado no CMI de todas as sociedades fenesas coas que colaborou nos últimos meses. O sabado foi a despedida pero quedan aínda por desenvolver a homenaxe a Loureiro e antes, o 22 de decembro, a representación de "O encoro enmeigado" a cargo dos monicreques de Kukas, no CCRD de Perlío.

O salón de actos do C.M.I. Unidade de Fene foi o escenario o sábado do acto de presentación dos audiovisuais de promoción turística do municipio elaborados ó abeiro do proxecto Fene, Mar Vivo. Un acto que presidiu o alcalde, Gumersindo Galego, co edil desta área, Juan José Franco. Entregaronse as placas da Rede Fene Vivo ás entidades colaboradoras do proxecto efíxose entrega a todos os asistentes das guías de artes e especies.

Cultura

Publica o teu comentario agora