Victoria de Kiplagat en Negreira

Victoria de Kiplagat en Negreira

13 de Novembro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Negreira

O keniata Daniel Kiplagat venceu esta mañá na XXXII Carreira Popular de Negreira. Como segundo quedou Hassan Lekhili, como terceiro Eliud Kipserem, e na cuarta posición situouse o marroquino Anouar Dabab. Kiplagat percorreu o último tramo da proba en solitario, despois de deixar atrás a un grupo de outros 7 atletas que romperon o pelotón xa nos primeiros compases. Non logrou baixar o crono dos 29 minutos, xa que afrontou relaxado o remate da carreira, saudando

Un grupo de 8 atletas romperon a carreira nos primeiros minutos, escapandose do groso do pelotón. Mil trescentos corredores participaron nunha proba que conserva a súa categoría internacional, sendo a única cita de 10.000 metros en Galicia con esa distinción. Participaron na cita o conselleiro de Medio Rural Samuel Juárez e o de Infraestructuras Agustín Hernández. A proba saiu pasados uns minutos das 11,30 da mañá da rúa Castelao no medio dun forte vento que marcou esta XXXII edición da Carreira Popular de Negreira.

Sociedade