Vida perra

Vida perra

27 de Setembro, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Semella fora de tempo pero mañán, 28 de setembro, conmemórase o Dia Mundial da Rabia, unha enfermidade vírica que dende o ano 1978 non se da na península. De feito hoxe en día os animais non están obrigados a vacinarse en tres comunidades: Galicia, País vasco e Cataluña, agás os cans de razas perigosas. No resto sí, segundo o veterinario da clínica Esquío de Fene, Francisco Corbe

Existe, iso sí, un protocolo por se se dá o caso que consiste en sacrificar os animais ou aillaos de duas a tres semanas, se se trata dunha sospeita sen confirmar. A non ser o caso que se deu en Toledo cun can que estivera en Marrocos, non se teñen dado casos de rabia na península dende 1978, segundo Francisco Corbeira, que insiste en que a deoenza non é so de cans, tamén doutros animais, de feito en Galicia, non hai moito, controlábase de perto aos raposos.

Os cans son a mascota preferida, o animal de compañía número un, pero Francisco Corbeira constata un dato curioso, que en Fene e na comarca existe un gusto especial polos paxaros, por todo tipo de paxaros.

O veterinario afincado en Fene trasladounos duas opinións de interés; que o dos cans na praia en horas punta non é recomendable por hixiene e porque hai moita xente que lles ten medo. E a outra, que non se debe ter un can atado todo o día porque é indigno e é condear ao animal a unha “vida perra”.

Sociedade