A vieira con cebiche de D3

D3 gañou o primeiro premio do xurado e o do público. Bicos e Bombay fixeronse co segundo e terceiro.
13 de Novembro, 2018 - 09:28 h. | Publicada por Radio Fene

O certame Un mar de Tapas satisfai a hosteleiros e clientes. O 78% destes últimos calificaron de boa ou moi boa a experiencia. Servíronse 6000 petiscos, a pesar de cobrarse a 1,50€

ESCOITA O PODCAST:

A vieira con cebiche do restaurante D3 foi a triunfadora do certame "Un mar de tapas" organizado polo concello de Fene. O edil de Turismo, Juan José Franco entregoulles o 1º premio do xurado e o premio do público. En segundo posto quedou o gastrobar Bicos e terceiro foi o Bombay.

6000 tapas servíronse no certame que moveu entre 25 e 30 mil euros nesta primeira edición, segundo afirma o presidente da asociación de comerciantes e hostelería de Fene, Xoan Ramos Reigosa, quen se mostrou moi satisfeito dos resultados.

Rubén Plaza foi o cliente agraciado no sorteo cunha fin de semana nas cabaniñas do bosque de Outes. Maís de 60 clientes completaron a visita aos 13 locais participantes.

Unha enquisa realizada entre os clientes deixou unha aplastante maioría de BEN ou MOI BEN tras a experiencia. O 78% das persoas preguntadas repetiría a experiencia. Manuel Pan, en nome do proxecto Fene Vivo, anunciou que o sabado se proxectará no CMI Unidade de Fene un video resumo dos proxectos levados a cabo en Fene baixo esta firma. Agradeceu o respaldo do GALP Golfo Ártabro Norte.

Sociedade

Publica o teu comentario agora