Vila en flor

Vila en flor
22 de Xuño, 2020 - 10:32 h. | Publicada por Radio Fene

Fene participará no certame "Vilas en flor". Prepárase para no mes de setembro pasar a auditoría do xurado en temas relacionados cos biodiversidade, medioambiente e conciencia cidadá.

ESCOITA O PODCAST:

Fene participará no certamen “Vilas en flor” que xestiona en Galicia a Fundación Juana de Vega. Tres aspectos valóranse sobre todo neste certame; a biodiversidade e xestión dos espazos verdes; a situación mediambiental e a concienciación dos cidadáns. O xurado auditará no mes de setembro sobre o terreo. “Presentámonos porque iso trae consigo a mellora dos espazos verdes do concello, dar máis accesibilidade aos cidadáns e un maior respeto á biodiversidade” afirma a concelleira Mar Piñeiro. “ Vilas en Flor é unha oportunidade para dar a coñecer estes espazos e disfrutar deles”.

Co acordo do equipo de xardiñería municipal, entre as accións a levar a cabo está, favorecer a compostaxe para reducir os bioresíduos e potenciar os contedores marróns que se colocarán de inmediato nas rúas. “O volume de resíduos é considerable polo que pedimos dous novos composteiros comunais e outros para cada vivenda que se repartirán entre a cidadanía” engade Piñeiro. Os galardóns do certamen “Vilas en flor” consisten na entrega de unha a cinco flores, algo semellante ás estrelas dos hoteis. A vila de Allariz, por exemplo, ten catro flores.

Mar Piñeiro xustifica a tala de árbores levada a cabo, e as atribúe a diferentes razóns que explica nesta entrevista, asegurando que as decisións que se toman só pretenden mellorar. A Fundación Juana de Vega creará un itinerario de vilas en flor, no que Fene podería integrarse e sumar así un atractivo turístico máis ao concello.

 

(Na imaxe, o parque Castelao-Fene- pulmón urbano a potenciar neste proxecto)

Institucional

Publica o teu comentario agora