Vilalba acollerá na tarde do luns a visita do autobús de Promoción do Libro e da Lectura

Vilalba acollerá na tarde do luns a visita do autobús de Promoción do Libro e da Lectura

05 de Febreiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Lugo

O autobús de Promoción do Libro e da Lectura parará na tarde do luns na Praza da Constitución de Vilalba. Será a partir das 16.00 e ata as 17.30 horas. Esta visita enmárcase dentro das celebracións do “Ano do Libro e a Lectura” do 2010 e que está a levar a cabo a Consellería de Cultura e Turismo.

Así, desde o organismo autonómico e o Concello de Vilalba convidan á xente a visitar esta casa con rodas. Para recibir un agasallo, os visitantes terán que facer unhas divertidas probas co obxecto de mostrar o seu cariño pola Lectura.

Sociedade