A virxe dos mariñeiros

Fene e Maniños celebran as festas do Carme do domingo 14 ao martes 16
12 de Xullo, 2019 - 02:23 h. | Publicada por Radio Fene

Maniños e Fene son dúas parroquias que tradicionalmente coinciden nos festexos, tanto do Carme como do patrono que comparten, o Divino Salvador.

O Carme en Maniños.

A orquestra Panamá arrufará as festas da Virxe do Carme en Maniños este domingo 14 de xullo. Tamén tocará o duo de Ases. Pola mañá, baixará a procesión marítima acompañada da banda da Virxe da Amargura. A rondalla Trovadores de Ares cantará na misa no peirao. O Pote ofrecerá unha degustación de ameixas á mariñeira no campo da festa. (Imaxe de arquivo, un dia de festa no campo do Pote)

O Carme de Fene

O grupo Pasión arrufara a verbena en Fene na noite do luns 15 de xullo. A comisión de festas amplia así o programa do Carme que se concentraba na xornada do martes dezaseis. Nese día Los Españoles e Pasión animarán tanto as pezas do mediodía como a verbena nocturna.

Cultura

Publica o teu comentario agora