Virxinia Rodríguez: “Os grupos ecoloxistas non sempre somos os do non”

Virxinia Rodríguez: “Os grupos ecoloxistas non sempre somos os do non”

22 de Marzo, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Eume

Coincidindo co Día Mundial da Auga, a consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas vén de subscribir un convenio de colaboración coa Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (Adega) para o desenvolvemento do Proxecto Ríos, o programa de voluntariado e educación para a sostibilidade que trata a contaminación e o deterioro dos ecosistemas fluviais. Coa sinatura deste acordo, Augas de Galicia co

A presidenta de Adega, Virxinia Rodríguez, apuntou que esta axuda económica permitirá unha maior calidade do proxecto e que as diferentes visións da Administración e da Asociación enriquecerán esta iniciativa. Asemade, considera que este convenio demostra que as entidades ecoloxistas e as públicas poden traballar de maneira conxunta na preservación do medio ambiente.

Adega vén desenvolvendo esta iniciativa, de referencia tanto en Galicia como no resto do Estado, dende o ano 2005. Durante o pasado ano participaron no Proxecto Ríos preto de 5.000 persoas integradas en case que 300 grupos pertencentes a diversos organismos. A iniciativa incluíu actividades formativas, como monográficos, xornadas e conferencias; actividades de participación, como “Roteirríos 10” ou as xornadas de Limpeza Simultánea de Ríos; e actividades de convivencia e concienciación, como o Campamento de Voluntariado Ambiental do Río Tea.

Sociedade