Visita do deputado Jorquera aos mariscadores de Barallobre

Visita do deputado Jorquera aos mariscadores de Barallobre

20 de Abril, 2012 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A xente do mar de Barallobre intensificará as protestas dende o luns, se a Xunta non paga as débedas pendentes do pasado mes de outubro. A confraría convoca unha protesta ás sete desta tarde diante do edificio da Xunta de Galicia na Praza Amada García de Ferrol.O deputado do BNG, francisco Jorquera, visitou esta mañán ao colectivo de mariscadores pechados na casa do cocnello de Fene.

Mariscadores e mariscadoras manteñen o seu peche no salón de plenos da Casa do Concello de Fene. Esperan que hoxe o Consello da Xunta aprobe parte dos pagos pendentes que se poderían facer efectivos nos primeiros dias da vindeira semana. De non ser así, endurecerían as accións, segundo a patrona maior de Barallobre, Virxinia Souto.

Visita de Francisco Jorquera

Onte recibiron o apoio dos sindicatos, diferentes entidades sociais e dos partidos políticos, cos que protagonizaron un novo corte de tráfico de cinco minutos a media tarde. Este mediodía achegouse á ao peche do colectivo o deputado do BNG no congreso, Francisco Jorquera quen lles informou que o bloque fará unha enmenda aos Orzamentos do estado para que se adique un maior esforzo económico á depuración da ría, orixe de todolos males do colectivo.

Sociedade