A visita histórica de Fidel á Galicia de Manuel Fraga

A visita histórica de Fidel á Galicia de Manuel Fraga

08 de Xullo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

"Fraga e Fidel, sin embargo” titúlase o documental que está a rodar Manuel Fernández Valdés con Bambú Producciones, no que se reflicte a visita de Fidel Castro á Galicia de Manuel Fraga en 1992.  A cinta retrata o encontro sentimental destes dous mitos contrapostos durante dúas xornadas intensas que excedía do protocolo habitual, segundo o director. "Fraga e Fidel, sin embargo” presentarase a finais de ano con pingas de

O 27 de xullo de 1992, o líder cubano pisaba por primeira vez Galicia, a terra do seu pai, natural de Láncara (Lugo). Manuel Fernández quería afondar na reacción social ante este encontro, cómo entendeu o pobo a proximidade destas figuras políticamente tan opostas. A pesar das súas ideoloxías enfrontadas teñen máis puntos en común do que a xente pensa, explicou en Radiofusión o realizador e guionista. “Son políticos e gobernantes e exercían o poder. Aí reside a clave do seu entendemento”.

Fidel e Fraga son os protagonistas do documental, pero sempre retratados en boca doutros, sinalou Fernández. A súa recreación baséase nas testemuñas deste histórico encontro “desde a limpadora do hotel, a cociñeira ou o responsable do gabinete de prensa”. Para o documental botou man das crónicas periodísticas e imáxenes televisivas, pero Fernández dá especial importancia aos vídeos caseiros aportados polos lugareños.

O humor está moi presente na cinta. “Sen forzalo, simplemente coa exposición de feitos percíbese un cariz humorístico tremendo. Só con ver a bandeira de Cuba ondeando no Obradoiro baixo o goberno de Fraga resulta cando menos irrisorio” sinalou.

Ao documental réstalle unha pequena segunda fase de rodaxe, logo a montaxe para presentarse no mes de decembro. Será nese intre cando se verá como o pobo se relaciona co poder nun percorrido presidido polas pinceladas humorísticas e ata surrealistas deparadas nesa visita de Fidel Castro á terra do seu pai.

Cultura