As vitimas polo temporal de Madeira poden chegar á centena

As vitimas polo temporal de Madeira poden chegar á centena

21 de Febreiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

O número dos mortos polo temporal de Madeira pode chegar ao centenar pois ainda hai vilas isoladas. As autoridades contabilizaron xa 36 vitimas e 70 feridos. No pico do Arreeiro recolléronse 185 litros de auga caida por metro cadrado.

En poucas horas, o Funchal (capital de Madeira) entrou en colapso. As tres ribeiras ou canais que atravesan a cidade, enchéronse cunha enxurrada de lama, entullos e coches. Ducias de persoas poden estar ailladas, en coches arrastrados ou en locais afectados por derrubos.  Tamen hai parques de estacionamento anegados e casas destruidas. Moitas persoas desapareceron. Ainda onte ás 20,00, chegou unha alerta dun condutor que pedía axuda por atoparse 10 vehículos atrapados no interior do túnel que une as vilas do Seixal e San Vicente. A localidade de Monte é unha das máis afectadas e onde se concentra boa parte das mortes.

Sociedade