As vivendas do Casco Histórico alaricano recibirán a TDT a través do cabo

As vivendas do Casco Histórico alaricano recibirán a TDT a través do cabo

27 de Xaneiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Allariz

A implantación da televisión dixital terrestre segue o seu proceso na provincia de Ourense. Así, a televisión analóxica desaparece para dar paso á dixital terrestre en Allariz e en 16 concellos mais que captaban o sinal dende o remisor do Monte de Meda. Os cidadáns que teñan algunha dúbida ou problema coa impla

Os veciños e veciñas que habitan no Casco Histórico de Allariz e que reciben no seu televisor a sinal por cabo seguirán a ver as canles actuais sen necesidade de facer ningún cambio ata o 1 de marzo, previsiblemente.

O Concello de Allariz está a facer un esforzo inversor para a mellora do servizo e modernización da rede para que mediante os cambios realizados nas instalacións, os veciños e veciñas que reciben a sinal polo cabo podan recibir o sinal da TDT con tódalas canles e servizos interactivos incluídos.

Así a partir do 1 de marzo grazas a un novo sistema que permite adaptar a televisión dixital terrestre a través do cabo, as vivendas situadas no Casco Histórico poderán ver os novos canais coa adaptación dun receptor TDT.

Para consultar dúbidas podedes consultar na oficina de Rehabilitación e Urbanismo no teléfono 988 554 006.

Sociedade