Vivir mellor con menos

Emilio Santiago expón as súas ideas cara un futuro sostible
16 de Agosto, 2019 - 12:43 h. | Publicada por Radio Fene

O quencemento global avanza a un ritmo insospeitado. A pesar de que hai máis de medio século que temos consciencia no problema climático, preto do 50% das emisións producíronse nos últimos trinta anos.

ESCOITA O PODCAST:

Emilio Santiago escribe xunto a Héctor Tejero o seu novo libro “Qué hacer en caso de incendio”. Un libro a dúas voces que fai un diagnóstico da situación da crise climática e plantexa unha folla de ruta de solucións posibles. Emilio falou dalgunha das súas ideas para evitar o colapso climático. Desbota a idea de que pode haber unha solución tecnolóxica, pensa que a clave está na actuación política.

Destacou que neste aspecto, Madrid era a máis importante trinchera na guerra das posicións climáticas. Unha boa política ambiental na capital mostraríalle o camiño ao resto de España. Considera que as forzas da esquerda lamentarán a perda desa alcaldía. Aínda que tamén hai aspectos positivos. As novas xeracións están cada vez máis concienciadas. É importante porque son un grupo dinamizador social e son eles quen van sufrir en carne propia as consecuencias. Agora, o importante e traballar para que este movemento se solidifique.

Pero a solución definitiva para o futuro sostible pasa polas enerxías renovables. Aínda que hai que ir aclarando que son as enerxías dun futuro distinto. Son quen de abastecer un consumo inmenso pero menor ao actual. Simplemente, temos que aprender a vivir mellor con menos.

Cultura

Publica o teu comentario agora