Vocación polivalente

Vocación polivalente
08 de Agosto, 2020 - 09:00 h. | Publicada por Radio Fene

Nas últimas décadas tivo lugar unha modernización do barrio de Caranza, en Ferrol, e foise dotando de espazos necesarios coma un centro de saúde, un mercado, unha escola e mesmo un auditorio municipal.

Auditorio Municipal de Ferrol

O auditorio foi deseñado pola ferrolá Patricia Alonso Alonso en colaboración con Javier López Rivadulla. Construíuse no 2004 e reflexa unha estética elegante e moderna.

Trátase dun edificio moi xeométrico onde o xogo de volumes resólvese a través da combinación entre prismas cegos e acristalados. Os segundos abren as vistas sobre a enseada de Caranza e amosan un espazo máis aberto.

A sala de concertos é de planta rectangular e atópase dividida en dous niveis. O volume que presenta a caixa escénica deixa entrever a vocación polivalente do edificio.

Así o sinalan Manuel A. Romero e Federico Carro no Caderno número 32 de Ferrol Análisis, baixo o nome Arquitectura Pública de Ferrol 1977-2017.

Cultura

Publica o teu comentario agora