Voces entre os muros de San Estevo de Perlio

Voces entre os muros de San Estevo de Perlio

03 de Xuño, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A igresa de San Estevo de Perlío acolle o sabado 5 un Encontro Coral de relevancia, co Coro Xove da Orquestra Sinfónica de Galicia; a Capela Madrigalista de Ourense e o Proxecto Vocal "Concerto Tempo" de Ferrolterra. Comezará ás 20.30 horas.

A concelleira de Cultura de Fene, Carmen Silvar, presentou o concerto esta mañán, resaltando a calidade dos musicos convidados e o escenario, a igrexa de Perlío.
 
O programa do concerto concebíuse para todolos públicos. Comeza co Ave María de Julio Domínguez e remata coa "Balada para mi muerte" de Piazzolla. O encontro comeza o sabado 5 de xuño, ás 20.30 horas, na igrexa de San Estevo de Perlio.

O Coro xoven da orquestra Sinfónica de Galicia naceu no ano 2005 en A Coruña. Máis veterán é a Capela Madrigalista que nace en Ourense no 1989 coa idea de recrear a música vogal das capelas pacegas e catedralícias dos séculos XV e XVI. En ferrol, no 2006, fundábase a proxecto vocal "Concerto Tempo" que o ano pasado resultou elexido un dos catro coros máis velorados polo xurado no Certame Galego "En clave coral" organizado pola Federación Coral Galega.

Sociedade