Vodas de prata da Asociación de Amas de Casa e Consumidores de Ordes

Vodas de prata da Asociación de Amas de Casa e Consumidores de Ordes

14 de Outubro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Ordes

Un cuarto de século de asociacionismo, actividades e reivindicación social. Ésta é a bagaxe dos 25 anos de vida da Asociación de Amas de Casa e Consumidores de Ordes, que este domingo celebran as súas vodas de prata. Co gallo desta efeméride o colectivo deseñou un programa de actos para conmemorar a unión dos seus membros e o seu protagonismo na vida ordense.

Os actos aarincan á unha da tarde do domingo cunha Misa Solemne na Igrexa parroquial de Santa María de Ordes. Arredor das dúas da tarde terá lugar a actuación da Banda de Música Amigos de Ordes no pazo Bidueiro, lugar no que a partir das tres se celebrará un xantar de confraternidade seguida dun baile.
 
As invitacións para poder asistir a estos actos do 25 aniversario da asociación pódense adquirir na Mercería Evi. Os asistentes pagarán 40 euros por persoa.

Sociedade