Voices para o Nadal

Voces femininas o venres e corais de Fene o sabado, cantan ao Nadal na igrexa de Barallobre
20 de Decembro, 2018 - 01:18 h. | Publicada por Radio Fene

A igrexa parroquial de Barallobre acolle este venres o Concerto de Nadal a cargo de Voices. Con entrada libre, comezará ás 20 horas.

A igrexa parroquial de Barallobre albergará mañá venres, 21 de decembro, o Concerto de Nadal-Voces en Femenino, a cargo da compañía Voices, integrada por voces femininas que conta cun amplo repertorio de versións de distintos estilos, dende pop a góspel, pasando por baladas. Será a partir das 20 horas con entrada libre e gratuíta. Unha cita organizada pola Concellería de Cultura, coa colaboración do CPS Liga de Amigos de Barallobre.

Así mesmo, ó día seguinte, sábado 22, terá lugar o XVIII Festival de Panxoliñas, Concello de Fene, ás 20 horas no CPS Liga de Amigos de Barallobre e coa actuación de todas as corais e rondallas do municipio (Coral Polifónica Agarimo de Sillobre, Rondalla Perla del Río, Coral Eterna Xuventude, Rondalla Estrelecer, Coral Polifónica de San Valentín, Coral Polifónica de O Pote e Tradicoro). A organización corre por conta do Tradicoro e, novamente, conta coa colaboración do CPS Liga de Amigos de Barallobre.

Cultura

Publica o teu comentario agora