A volta ao cole

A volta ao cole

01 de Setembro, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Profesores e mestres incorporáronse a primeiras horas desta mañá aos centros de Educación Primaria, Secundaria, Bacherelato e Formación Profisional. Tamén esta mañá principiaron os primeiros exames de setembro para o alumnado ao que lle quedaron asignaturas pendentes no mes de xuño.

A reapertura de colexios e institutos realízase baixo a sombra do andacio da gripe AH1N1. As autoridades sanitarias sinalan que a campaña de vacinación comezará a finais de outubro ou principios de novembro. En principio, non se contempla a inclusión de nenos de 0 a 14 anos na campaña. Pola súa banda a inmunización contra a gripe convencional comezará en Galicia o 28 de setembro.

 

Sociedade