A Volta Ciclista a Galicia pasará por Ferrolterra

A Volta Ciclista a Galicia pasará por Ferrolterra

28 de Abril, 2010 - 12:00 h. | Publicada por

A segunda etapa da ronda galega chegará a Ferrol e a terceira etapa da carreira ciclista sairá da cidade naval. A Volta Ciclista a Galicia 2010 partirá o xoves 13 de maio de Santiago e rematará o domingo 16 de maio en Sarria-Lugo. A primeira etapa será Santiago-Santiago de 136 quilómetros. A segunda partirá da capital de Galicia camiño de Ferrol e tamén terá 136 quilómetros. A terceira sairá da cidade naval ata A Coru&ntilde

Na cidade ferrolá a “serpe multicor” subirá o alto da Bailadora, chegará a Covas, San Xurxo, Valón, A Malata para rematar a segunda etapa na avenida de Esteiro onde estará instalada a meta. A terceira etapa partirá de Ferrol, concretamente da praza de España e seguirá pola estrada de Castela cara a Narón e Valdoviño. Os ciclistas tamén pasarán por Fene arredor das 15.38 da tarde, procedentes de Neda. Participarán 126 ciclistas de 18 equipos.

Deportes