Volta parcial ás aulas

Volta parcial ás aulas
15 de Maio, 2020 - 10:03 h. | Publicada por Radio Fene

Volve ás aulas o alumnados do último curso de bacherelato para preparar a selectividade, así como segundo de FP media e superior. A incorporación ás aulas será o 25 de maio.

A Xunta de Galicia decidiu que o 25 de maio volvan ás aulas para rematar o curso escolar de xeito presencial, o alumnado do segundo curso de bacherelato e de segundo curso dos ciclos de formación profesional media e superior. O resto, infantil de 3 a 6 años, primaria, educación especial, FP básica e ESO non volverán aos centros escolares  ata setembro. A decisión tomouna a Consellería de Educación despois dunha conferencia sectorial entre o Ministerio e as comunidades autónomas. Estivo no aire a volta dos menores de 6 anos, a partir da fase 2 da desescalada, pero as comunidades autónomas non ven claro poder cumplir con garantías as condición de seguridade para nenos e personal dos centros.

O Ministerio deu liberdade ás comunidades autónomas para tomar a decisión que consideren en cada territorio. Pendente está tamén o que pasará co alumnado de 0 a 3 anos. Na mesma conferencia sectorial acordouse formar un grupo de traballo co fín de planificar o próximo curso 2020-2021, contemplando a dotación tecnolóxica, a competencia dixital e o apoio ás actividades lectivas a distancia. Consellerías e Ministerio barallan tres posibilidades diante da evolución da pandemia; que a actividade educativa se leve a cabo de maneira presencial normal nos centros, que haxa que volver ás aulas mantendo unha distancia de seguridade ou que a situación finalmente impida a actividade escolar de xeito presencial nalgún momento do curso porque haxa un rebrote do virus.

Cultura

Publica o teu comentario agora