A voltas coa corrupción

A voltas coa corrupción

28 de Xaneiro, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Redondela

"Preocúpanos que hoxe non asuma compromisos máis firmes" espetoulle o voceiro parlamentar do PSdeG PSOE José Luis Méndez Romeu ao presidente da Xunta no transcurso da súa comparecencia na Cámara para falar da corrupción na política. "Se quere dar un impulso democratico, ¡váiase, señor Núñez" indicou o voceiro de AGE Xose Manuel Beiras, despois de lembrar a fotografía de Feijóo co narco

Feijóo prometeu cinco leis anticorrupción en 50 días. O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou a súa intención de impulsar cinco leis galegas anticorrupción e a favor da transparencia que incluirán 50 medidas e estarán listas para a súa tramitación parlamentaria en 50 días. Para a súa aprobación, asegurou que desexaría contar co respaldo e as "achegas" da oposición, pero tamén deu por feito que, se non o ten, actuará igualmente para lograr a "exemplaridade" da comunidade.

Sociedade